Cursos de cociña de xuño de Panepanna en Betanzos, Santiago e Boiro

Cursos de cociña de xuño de Panepanna en Betanzos, Santiago e Boiro

Anna Mayer, Panepanna ten novos cursos de cociña para o mes de xuño

O 8 de xuño, en Casa Castelo de Betanzos, tocará cociña india. O horario será de 17:00 a 20:00 horas e as inscricións fanse no correo electrónico.

O Proxecto Garum en Santiago acollerá dúas sesións fin de curso, o domingo 9 e o luns 10 de xuño de 20:00 a 23:00. Para apuntarse pódese chamar ao 981 103 910 ou escribir a aula@proxectogarum.com. Spritz, tapas italianas, pizza e pasta no menú.

En TresCatorce de Boiro a quenda será o martes 11 de xuño de 19:30 a 22:30. Para apuntarse, contactar con TresCatorceBoiro. Será unha aposta polos pratos frescos.

Todos os obradoiros teñen un custe de 25 euros.

Comparte...