Cursos de cociña para nenos no verán de Hostelería Compostela

Cursos de cociña para nenos no verán de Hostelería Compostela

Hostelería Compostela , a asociación profesional dos hostaleiros de Santiago e bisbarra, organiza en xullo e agosto uns cursos de cociña para nenos de entre 6 e 12 anos, que pretende fomentar a cultura gastronómica e os bos hábitos alimentarios.

O seu Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela (rúa Salvadas, 31) acollerá estes cursiños do 1 de xullo ao 2 de agosto, de luns a venres e de 9 a 15 horas.

Hai descontos para inscritos a máis dun curso ou para grupos de irmáns; e os nenos poderán almorzar e xantar no centro. Xa é posible inscribirse no teléfono 981 583 366 ou por enderezo electrónico . 

Comparte...