Tarta de crema pastelera y frutas, sin gluten

A Curtidoría convoca o segundo concurso de sobremesas sin glute

Foto: Tarta de crema pasteleira e froitas presentada á primeira edición do concurso.

O restaurante compostelán A Curtidoría convocou a segunda edición do seu concurso de sobremesas sen glute para conmemorar o Día Nacional do Celíaco, que se celebra o 27 de maio, e contribuír a difundir os problemas aos que se enfrontan quen padecen esta enfermidade no seu día a día.

A repostaría é un dos principais retos de quen ten que cociñar sen glute, polas particularidades das fariñas libres de glute, por iso o restaurante compostelán decidiu premiar as mellores receitas de sobremesas.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 25 de maio e presentarán as súas sobremesas na tarde do 26 ante un xurado encabezado pola presidenta da Asociación de Celíacos de Galicia (Acega), Isabel Capdevila e no que de novo estará representado BenBo.

O primeiro premio será unha KitchenAid e haberá un segundo que consistirá nunha cea ou comida na Curtidoría para catro persoas.

A Curtidoria é un establecemento sensibilizado con esta doenza que afecta a unha de cada cen persoas na comunidade galega e cada vez rexistra máis clientes celíacos. Desde hai anos dispón dunha carta adaptada para persoas que teñen este problema e o seu persoal fixo cursos específicos de formación.

En 2014 o concurso foi gañado por Yolanda Iglesias cunha receita de Clafoutis de nectarinas que BenBo publicou no número cinco da revista, nunha reportaxe sobre repostería sen alérxenos.

Comparte...