Custom Drinks , a fábrica de Sidra Maeloc, amplía os seus terreos en Chantada

Custom Drinks , a fábrica de Sidra Maeloc, amplía os seus terreos en Chantada

Custom Drinks, a compañía de Hijos de Rivera que fabrica marcas como a sidra ecolóxica Maeloc, os combinados La Tita Rivera ou os mostos Zuvit, ampliou os seus terreos en Chantada coa compra de dúas parcelas que suman máis de 17.000 metros cadrados.

Trátase da única compañía de sidra galega e aposta pola agricultura ecolóxica e máis a innovación. Así, a fábrica de Custom Drinks pode adaptarse para fabricaren distintas bebidas segundo pedido. Cómpre apuntar que en A Estrada, Ribela tamén ofrece sidra galega a partir de mazá ecolóxica autóctona. 

Unha visita institucional ás instalacións situadas no Polígono Os Acrivros de Chantada enmarcou o anuncio da ampliación de Custom Drinks, que conta co apoio da Deputación de Lugo.

Comparte...