Customdrinks lanza a sidra Maeloc SIN

Customdrinks lanza a sidra Maeloc SIN

Customdrinks introducirá nos próximos días no mercado Maeloc Sin, unha bebida de mazá galega sen alcohol elaborada con estevia e sen azucres engadidos, que completa a gama de produtos da marca sidrera. De cor amarelo dourado, posúe un aspecto brillante e contén unha fina burbulla. O seu aroma denota lixeiras notas de sidra e compota de mazá e o seu sabor é doce, ácido e refrescante.

Preséntase en botella achampañada de 75 cl., o mesmo formato da sidra ‘Extra Ecolóxica’, coincidindo co inicio da campaña de Nadal.

Comparte...