Xa se pode percorrer a D.O. Monterrei “a todo tren”

Xa se pode percorrer a D.O. Monterrei “a todo tren”

O domingo saía da estación de Ourense o primeiro tren turístico á D.O. Monterrei da iniciativa “A todo tren“, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co Inorde e Renfe. O obxectivo que perseguen as distintas Rutas do Viño incluídas neste programa é promover as 5 denominacións de orixe como destinos turísticos en Galicia.

A ruta que percorre a zona de Monterrei inclúe un programa multidisciplinar con degustacións do viño da zona, visitas ás adegas e paradas nas principais puntos turísticos da bisbarra pasando, antes de regresar a Ourense, por A Mezquita Vilavella, A Gudiña, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía e Allariz.

As seguintes saídas pola denominación de orixe serán os días 19 de xullo, os días 3, 16 e 31 de agosto, e, por último, o 13 e o 28 de setembro. A visita é dun día de duración, combina o emprego de tren e autobús no seu trazado e os participantes viaxan sempre acompañados por un guía especializado.

Máis información en www.renfe.com

Comparte...