A D.O. Monterrei acolle a cata de viños da Asociación Gallaecia

A D.O. Monterrei acolle a cata de viños da Asociación Gallaecia

A sede do Consello Regulador da D.O. Monterrei acolleu unha cata de viños da denominación de orixe da Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia. Trátase da rolda de clasificación dos viños da comarca, da que resultarán os galardoados das Distincións Gallaecia 2018.

Así, un total de 18 catadores probaron os viños da D.O., divididos en dous paneis nos que se avaliaron 51 viños, 28 brancos e 23 tintos. O panel foi avaliado polos expertos da Asociación, entre os que se atopaban enólogos, directores técnicos de consellos reguladores, catadores e membros do panel de cata de cualificación de Monterrei.

Así, a Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia destacou a “harmonía aromática, o equilibrio gustativo e a fructosidade da colleita” dos viños brancos da D.O. Monterrei. Pola súa banda opinaron que, no caso dos viños tintos “a crianza beneficia a bondade das colleitas pretéritas”. O vicepresidente da asociación, Alejandro Paadín, valorou os viños catados e afirmou que as xeadas “non fixeron madeixa na calidade xeral da denominación de orixe”.

Comparte...