A D.O. Monterrei colabora con Expourense por tercer ano consecutivo

A D.O. Monterrei colabora con Expourense por tercer ano consecutivo

A D.O. Monterrei acaba de asinar un convenio para seguir colaborando, durante todo o 2017 e xa por terceiro ano consecutivo, con Expourense. Deste xeito, a imaxe da denominación estará presente, a través dun módulo publicitario, en todos os eventos que se organicen na feira, que atrae en cada edición a máis de 120.000 visitantes. O acordo inclúe tamén accións promocionais conxuntas no ámbito nacional e internacional, polo que os caldos de Monterrei poderán participar naqueles eventos aos que acuda Expourense.

Segundo o acordo, esta colaboración será aínda máis estreita en eventos do sector vitivinícola. Así, a D.O. Monterrei xa participou no Túnel do Viño de Xantar e nunha cata comentada; e promocionará os seus viños cun stand propio e 25 adegas no Vinis Terrae, previsto para o mes de abril.

Comparte...