A D.O. Monterrei convoca o seu concurso de carteis para a XIII Feira do Viño de Monterrei

A D.O. Monterrei convoca o seu concurso de carteis para a XIII Feira do Viño de Monterrei

Por terceiro ano consecutivo, a D.O. Monterrei convoca un concurso para seleccionar o cartel da próxima XIII Feira do Viño de Monterrei, que se celebrará os  días 10, 11 e 12 de agosto en Verín.

O concurso está aberto a deseñadores, pintores e artistas que poderán presentar un máximo de dúas obras inéditas, realizadas en calquera técnica pictórica, informática e fotográfica.

O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo da arte, ademais do Presidente do Consello Regulador e o Alcalde de Verín (ou persoas nas que estes cargos deleguen). Haberá un único premio, de 600 euros, para o gañador.

A data límite de recepción das obras finaliza ás 14 horas do día 4 de xuño de 2018. Os traballos poderán ser enviados por email (info@domonterrei.com) ou poderán entregarse na sede do C.R.D.O. Monterrei.

Comparte...