A D.O. Monterrei presentou os seus viños en Compostela

A D.O. Monterrei presentou os seus viños en Compostela

A D.O. Monterrei presentou onte no local La Bodeguilla de San Lázaro, en Santiago de Compostela, unha mostra dos seus viños; co obxectivo de achegar a pequenos grupos as singularidades e características dos seus caldos e realizar un percorrido pola denominación e as súas tipoloxías de viños.

A presentación, destinada aos integrantes do Club de Cata das Bodeguillas e a membros do colectivo hostaleiro, comezou cunha exposición do experto Luís Paadín sobre a denominación vitícola e as súas orixes milenarias; para continuar coa cata de distintos viños segundo a variedade de uvas e os distintos chans, altitudes e tipos de elaboración.

Tras a cata, os participantes gozaron dun Túnel de Viño no que puideron degustar 21 marcas diferentes, todas elas de adegas da D.O. Monterrei.

Comparte...