A D.O. Monterrei recibiu a visita de varios centros educativos

A D.O. Monterrei recibiu a visita de varios centros educativos

A D.O. Monterrei segue promocionando os seus viños e a zona na que se producen, esta vez, coa organización da visita dos centros de ensino IES Vilamarín de Ourense e CIFP Manuel Antonio de Vigo ás súas instalacións.

Así, durante o pasado venres, preto de medio centenar de alumnos de ambos centros participaron nunha xornada educativa, que comezou cunha presentación da chegada da vide a Galicia e unha ruta polos lagares rupestres de Oímbra; para continuar cunha visita á sede do Consello Regulardor en Verín. Alí, os estudantes foron recibidos polo presidente, José Antonio da Silva, e recibiron unha explicación sobre a peculiaridade dos viños e o territorio de Monterrei de man do director técnico da Denominación de Orixe, Luis Miguel López.

Posteriormente, os escolares puideron coñecer de primeira man o proceso de elaboración dos caldos durante unha visita a catro adegas: Quinta do Buble, Alba Al-Bar, Gargalo e Franco Basalo.

Con esta actividade, a D.O. Monterrei suma xa tres accións formativas este ano, orientadas principalmente a estudantes de hostalería.

Comparte...