Seguir medrando, obxectivo dunha D.O. Ribeiro que viviu os seus Premios Ribeiro 2017

Seguir medrando, obxectivo dunha D.O. Ribeiro que viviu os seus Premios Ribeiro 2017

A Denominación de Orixe Ribeiro galardonou os seus mellores viños e aos profesionais que honran o servizo do viño, na sexta edición dos Premios Ribeiro

Como xa se anunciara previamente, a Master of Wine, xornalista e escritora británica, Sarah Jane Evans recolleu o premio “Persoeiro de Honra”; o xornalista catalán Joan Gómez Pallarés, o “Premio á Mellor Tarefa de Comunicación”; a sumiller de Quiroga Mónica Fernández recibiu o galardón “Muller e Viño”; e Arsenio Paz, responsable da adega Vilerma, obtivo o “Premio Vida entre Vides”.

 

O Mellor viño branco de adega é Ramón do Casar Treixadura 2016 da adega Ramón do Casar; o Mellor viño branco de colleiteiro é Pazo Tizón 2016 de Pazo Tizón e o Mellor viño tinto é Elisa Collarte 2016 da colleiteira Elisa Collarte Bernárdez.

 

Os outros viños finalistas na categoría de branco de adega foron Alter, de Priorato de Razamonde; Divino Rei, de Castro Rei e Viña do Campo, de Bodegas Docampo. No apartado de branco de colleiteiro chegaron tamén á final Leive Paradigma, de Áurea Lux; Manuel Rojo, de Adega Manuel Rojo e Sanclodio, de Produccións A Modiño. Todos os brancos da colleita 2016. E por último, en canto aos tintos, Joaquín Vázquez 2015, de Joaquín Vázquez; Señorío de Beade 2016, de A Portela e Viña do Campo Mencía 2016, de Bodegas Docampo  foron os finalistas.

A hostalaría galega, premiada

Falando de establecementos de venda e hostalería, en “Mellor Servizo de Viño en Restaurante” destacouse a A Mundiña, da Coruña; o Premio “Mellor Tenda Especializada – Viñoteca” recaeu en El Yate, de Vigo; e o galardón á “Mellor Taberna – Bar de Viños” foi para Bagos, de Pontevedra.

Un ano máis, o Mosteiro de San Clodio en Leiro acolleu esta entrega de premios dos viños do Ribeiro.

PREMIO GAÑADOR
Mellor viño branco de adega Ramón do Casar Treixadura 2016
Mellor viño branco colleiteiro Pazo Tizón 2016
Mellor viño tinto Elisa Collarte 2016
PREMIO GAÑADOR
Persoeiro de Honra Sarah Jane Evans MW
Mellor tarefa de comunicación Joan Gómez Pallarès
Muller e viño Mónica Fernández
Vida entre vides Arsenio Paz
PREMIO GAÑADOR
Mellor Servizo de Viño en Restaurante A Mundiña (A Coruña)
Mellor Tenda Especializada – Viñoteca El Yate (Vigo)
Mellor Taberna – Bar de Viños Bagos (Pontevedra)
Comparte...