Daniberto saca ao mercado un San Simón da Costa de doce meses de curación

Daniberto saca ao mercado un San Simón da Costa de doce meses de curación

A queixería Daniberto sacou ao mercado un queixo de  San Simón da Costa cun ano de curación, baixo a marca Carmen Chao, coa que homenaxean á aboa da familia.

Con esta iniciativa Daniberto súmase a corrente de queixerías que ofrecen queixos curados, cada día máis demandados polos consumidores que os coñecen, inda que o consumo dos mesmos inda estea moi por debaixo dos máis comúns de 45 días de curación ou 30 no caso dos “bufóns” o tamaño máis pequeno.

A curación dos queixos foi tradición na zona de San Simón da Costa, o mesmo que en outras moitas partes de Galicia. Unha tradición que lentamente se vai recuperando, incrementando desta maneira as variedades de queixos galegos presentes no mercado.

O segundo número da revista BenBo destinará un amplo reportaxe aos queixos menos coñecidos de Galicia. Promete sorpresas moi agradables.

Comparte...