A Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia duplicou os datos de produto certificado no 2014

A Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia duplicou os datos de produto certificado no 2014

La Denominación de Orixe que ampara o Mexillón de Galicia vén de facer públicos os seus datos correspondentes a 2014

O volume de mexillón certificado en porto superou os 33,1 millóns de Kg netos certificados fronte aos 16,7 do 2013, acadando así un novo fito. Ademais, durante o pasado exercicio o Consello Regulador creou un Directorio de Marcas para dar resposta ás novas empresas que solicitaban o uso do selo Mexillón de Galicia.

Dende o Consello Regulador subráiase que estas cifras acadaronse malia “a presenza da marea vermella, que ocasionou tres intensos peches administrativos dos polígonos de bateas e obrigou a interromper as actividades de certificación”.

O principal destino do mexillón certificado segue a ser a industria transformadora, que absorbeu o 90% do volume total con 29,9 millóns de kg netos. Esta cifra supón case o dobre que a rexistrada no 2013 (15,2 millóns) e revela a crecente importancia da DOP como elemento diferenciador no mercado da conserva, un ámbito no que a orixe galega constitúe un reclamo de prestixio para o consumidor.

No caso do mexillón con destino ao mercado do fresco, o volume tamén se dobrou ao pasar dos 1,5  millóns de kg do 2013 aos 3,1 millóns do 2014.

Comparte...