A denominación de orixe Rías Baixas cualificou máis de 20 millóns de litros de viño no 2015

A denominación de orixe Rías Baixas cualificou máis de 20 millóns de litros de viño no 2015

A Denominación de Orixe Rías Baixas móstrase satisfeita na súa valoración da campaña 2015

Xa pechado o exercicio 2015, a Denominación de Orixe Rías Baixas cualificou durante o mesmo un total de 20.344.167 litros de viño, o que supón un incremento do 5% sobre o exercicio anterior.

No que respecta ao mercado internacional, os viños cualificados Rías Baixas destinados á exportación representan máis do 28% do total. En 2015 esta faceta internacional aumentou un 7,6% en volume, alcanzando as 7.728.544 botellas; e un 5,68% en valor, chegando aos 29.951.759 euros, durante o pasado exercicio. Rías Baixas é a cuarta denominación de orixe española en canto a volume de viño branco embotellado exportado.

Das 183 adegas dentro do Consello, participaron en citas internacionais promovidas desde o consello un total de 158 adegas e recibiron a visita de prescriptores internacionais 111 delas.

Os dez principais mercados de exportación na Denominación de Orixe Rías Baixas son Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Porto Rico, México, Holanda, Xapón, Irlanda, Suíza e Suecia.

Exportacións por destino dos viños galegos da D.O. Rías Baixas

  País Volume 2015 Valor 2015
1 Estados Unidos 2.084.955,49 litros 11.210.255,67 €
2 Reino Unido 991.797,50 litros 4.644.499,27 €
3 Alemaña 595.847,55 litros 2.264.810,41 €
4 Porto Rico 307.438 litros 1.925.383,32 €
5 México 246.815 litros 1.372.958,11 €
6 Holanda 207.400,75 litros 729.028,59 €
7 Xapón 165.420 litros 819.455,07 €
8 Irlanda 141.280,75 litros 729.027,59 €
9 Suíza 113.333,25 litros 653.634,92 €
10 Suecia 95.337,50  litros 497.031,79 €
Comparte...