As descargas de mexillón en Gaicia aumentaron un 12 por cento

As descargas de mexillón en Gaicia aumentaron un 12 por cento

As descargas xerais de mexillón en Galicia aumentaron en 2015 máis dun 12% con respecto ao ano anterior, segundo os datos aportados pola conselleira do Mar, Rosa Quintana

O aumento pasaría de 235.400 toneladas en 2014 a 264.109 no 2015. Así o confirmou Rosa Quintana, conselleira do Mar, nunha visita institucional á Depuradora de Mariscos de Lorbé (Sada).

Nese sentido, a conselleira tamén fixo fincapé no aumento da facturación acadada nestas dúas anualidades, que aumentou “preto dun 14% o ano pasado, pasando de 98 millóns de euros no 2014 a máis de 112 millóns no 2015”.

Comparte...