#DescubreRibeiro, trending topic durante o fin de semana

#DescubreRibeiro, trending topic durante o fin de semana

A D.O. Ribeiro recibiu este fin de semana un grupo de 15 dos mellores comunicadores dixitais de España no sector do viño e a gastronomía. A visita, organizada polo Consello Regulador e que tiña como obxectivo divulgar a cultura do viño da D.O., conseguiu ser TT (treding topic) alcanzando o medio millón de usuarios e 4,5 millóns de tweets.

No programa, que contiña unha parte teórica e outra práctica (e que se recolleu en redes baixo  o hashtag #DescubreRibeiro) ofreceu a estes profesionais os coñecementos e ferramentas necesarias para difundir os valores da denominación de orixe. A Xerente do Consello Regulador, Cirstina Alcalá, referíase a esta “experiencia xenuína” -que forma parte dun Plan de Formación que acaba de comezar- como “a mellor forma de ensinar o que é o Ribeiro”.

Comparte...