Clases sobre despezamento e tratamento da carne de porco celta na Horta de Teodoro

Clases sobre despezamento e tratamento da carne de porco celta na Horta de Teodoro

Os alumnos do CIFP Paseo das Pontes aprenden sobre o despezamento e o tratamento da carne de porco celta na Horta de Teodoro

Ao longo de todo o ano terán lugar diversas xornadas de Co-cooking con produtores do Mercado da Colleita de temáticas diversas co obxectivo de achegar os alumnos de hostelería aos produtores artesáns.

Un total de 22 alumnos, do 1º del Ciclo Superior de Dirección de Cociña e de 2º do Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía do CIFP Paseo das Pontes de A Coruña, visitaron unha explotación de porco celta co obxectivo de coñecer de primeira man cómo se traballa, o coidado que requiren os animais e o tratamento posterior da carne.

Todo isto enmarcado dentro das Xornadas de Co-cooking do Mercado da Colleita, que desenvolveu esta actividade na Horta de Teodoro, en Palas de Rei (Lugo), da man de Xan Fraga.

Os participantes tiveron a oportunidade de ver o modelo de crianza en liberdade dos porcos, un modelo basado na alimentación natural con produtos do campo cultivados na propia explotación.

Horta de Teodoro destaca pola súa estrutura de círculo pechado que abarca dende a alimentación e a crianza dos animais ata a transformación e comercialización dos produtos derivados desta raza autóctona tan apreciada.

O obradoiro

Este obradoiro ten unha vocación práctica para que os alumnos aprendan de primeira man as principais técnicas de despezamento do porco e seu posterior fileteado. Así como seguir o proceso de elaboración de embutido, dende o picado da carne e seu adobo, ata o embutido e o atado das pezas.

Nas vindeiras semanas levaranse a cabo obradoiros prácticos de temáticas diversas como por exemplo a elaboración de pan, o funcionamiento dunha queixería tradicional ou o despezamento de carne, aos que asistirán alumnos de escolas de hostelería de toda Galicia.

Comparte...