Diego Bello de Attica 21 lévase o premio Tapa Fórum 2015

Diego Bello de Attica 21 lévase o premio Tapa Fórum 2015

Diego Bello do restaurante Attica 21 da Coruña gañou o premio Tapa Fórum 2015 e logrou tamén o primeiro posto na categoría Premio Tapa Fórum Público, para a que se tivo en conta a valoración daqueles que se achegaron ao seu establecemento a probar a súa proposta os días previos á feira.

O galardón Mellor Maridaxe Fillos de Rivera foi para Pablo Pizarro del Bocanegra (A Coruña), pola boa combinación entre cervexa e tapa. Por último, O Cabo (A Coruña) conseguiu alzarse como o local máis valorado pola súa atención ao cliente e, polo tanto, logrou a primeira posición no premio Beer Master.

Formaban parte do xurado profesionais de ampla traxectoria no sector da gastronomía como son Soledad Felloza, fotógrafa, Pep Palau, co-fundador do Fórum, Javier Ozores de la Academia Galega de Gastronomía e Miguel Vila, director de Benbo.

Comparte...