Asunción Rodríguez deixa a presidencia do CRDO Monterrei, que ocupa José Antonio da Silva

Asunción Rodríguez deixa a presidencia do CRDO Monterrei, que ocupa José Antonio da Silva

O novo presidente ocupará o cargo en funcións

Asunción Rodríguez Zarraquiños abandona o seu posto de presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei por “motivos persoais”, segundo informa o organismo. Na súa nota apúntase que Asunción Rodríguez comunicou a súa decisión á conselleira de Medio Rural e informou despois ao Pleno do Consello Regulador dos viños.

José Antonio Silva, ata o de agora vicepresidente do organismo e responsable de Vinos Lara, ocupará a presidencia en funcións.

A renuncia será efectiva a partir do venres 9 de setembro, cando participará no seu último acto como presidenta: un evento promocional dos viños da comarca na Casa de Galicia en Madrid, cuxa presenza xa tiña comprometida desde había tempo.

Comparte...