A DO Rías Baixas celebra un Túnel do Viño en Girona

A DO Rías Baixas celebra un Túnel do Viño en Girona

Denominación de Orixe Rías Baixas celebrou un Túnel do Viño no Hotel Carlemany de Girona, ao que asistiron alrededor de 500 profesionais do sector. Un acto no que participaron un total de 69 marcas pertencentes a 27 adegas inscritas na Denominación de Orixe, que estivo representada polo secretario xeral do Consello Regulador, Ramón Huidobro, e a responsable do Departamento de Marketing, Eva Mínguez.

Esta é a primeira ocasión en que o Consello Regulador leva esta actividade a Girona. “Dentro da estratexia de promoción para este ano decidimos incluír dúas cidades nas que non estivéramos con anterioridade para celebrar un Túnel do Viño. Unha delas é Girona e escollémola porque conta cunha excelente restauración, que sempre debe ir acompañada por viños de primeira calidade, como os de Rías Baixas”, indica Eva Mínguez. Neste sentido, a responsable do Departamento de Marketing concretou que “Girona é un mercado potencial moi interesante para os nosos viños, polo que consideramos convinte mostrar os nosos produtos amparados e aproveitar a ocasión para intercambiar impresións cos profesionais desta cidade”.

Os numerosos profesionais que se acchegaron ao Túnel do Viño mostráronse altamente sorprendidos pola ampla variedade de elaboracións existentes dentro desta Denominación de Orixe.

Un mercado potencial

De acordo co último Informe Nielsen, Cataluña é un dos mercados nacionais en alza da Denominación de Orixe Rías Baixas. Desde dita consultora indícase que esta zona, incluida na Área 1, é un nicho de mercado a explotar.

Especialmente relevante é o mercado da Área Metropolitana de Barcelona, un dos máis importantes dentro do territorio español para esta Denominación de Orixe. Eva Mínguez adianta que “a finais do vindeiro mes realizaremos a presentación da añada 2016 na Cidade Condal”, unha iniciativa que complementará o Túnel do Viño de Girona.

Comparte...