A DO Ribeiro, de promoción por Madrid

A DO Ribeiro, de promoción por Madrid

Continuando coas súas actividades promocionais para a expansión de marca no mercado nacional, o C.R.D.O. Ribeiro seguirá apostando por posicionarse en Madrid. Así, durante todo un mes, iníciase a campaña de promoción da marca de calidade D.O. Ribeiro nas catro tendas de Bodega Santa Cecilia de Madrid (ubicadas en Blasco de Garay, 74, Bravo Murillo, 50, Núñez de Balboa, 103 e Avenida de Europa, 13 –Pozuelo-). Ribeiro será o protagonista nas tendas de viños máis antigas e prestixiosas de Madrid, onde a imaxe da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia decorará as tendas.

Para Cristina Alcalá, xerente do C.R.D.O. Ribeiro, “é unha aposta decidida para fortalecer os viños da D.O. Ribeiro dirixíndonos á hostalería e consumidor experto en Madrid, o mercado onde máis están crecendo as nosas adegas e, sen dúbida, o máis importante de España”.

Durante todo o mes, algunhas adegas da D.O. Ribeiro, como Pazo de Casanova, Priorato de Razamonde, e Val do Deva, serán as protagonistas das tendas. Ademais, organizaranse diversas accións dirixidas os seus clientes para fomentar as vendas, actividades para fortalecer a cultura sobre os viños D.O. Ribeiro, así como unha charla-cata de presentación da denominación de orixe orientada a prensa, sumilleres e hostalería, impartida por Cristina Alcalá.  Ademais, planificouse unha forte campaña por redes sociais para ampliar o impacto da marca Ribeiro.

Sobre Santa Cecilia

Bodega Santa Cecilia naceu no ano 1922 actualmente coa terceira xeración á fronte. A tenda de Blasco de Garay, 74 é un dos mellores escaparates de exposición e venda de viño directo a hostalería e restauración así como o público particular entendido e amante do bo beber. Abriu as súas portas en 1968 como o primeiro autoservicio especializado en viños e licores de España. Nas mesmas instalacións, en 2006 inaugurouse o primeiro espazo temático do mundo do viño de España. Ese mesmo ano inauguraron tamén a súa primeira web de venda de viño online, renovada en 2013 para  convertila en web social, fácil de manexar, con todo tipo de información relacionada co mundo do viño, con ofertas, recomendacións e prezos máis competitivos.

Comparte...