DON CHIRINGO, EN VIGO, ACOLLE TALLERES DE COCIÑA ITALIANA

DON CHIRINGO, EN VIGO, ACOLLE TALLERES DE COCIÑA ITALIANA

Panepanna organiza no restaurante Don Chiringo, en Vigo, 2 talleres sobre cociña italiana o mércores 30 e o xoves 31 de xaneiro.

Trátase de 2 obradoiros complementarios sobre pasta e risotto invernal, respectivamente.

O taller sobre pasta (Pasta 101) será unha introdución: cal comprar, como cociñala, como servila, e por que. As receitas que se elaborarán serán un ragú alla bolognese; un pesto alla genovese; e unha carbonara.

Na sesión sobre risotto aprenderase a escoller arroz, a relación co queixo, variantes… Prepararanse un con azafrán e longaínza branca; un risotto con le seppie; e o ‘risotto galego’.

Taller de Pasta 101. Mércores 30 de xaneiro. 25€.

Taller de Risotto invernal. Xoves 31 de xaneiro. 25€.

O prezo conxunto dos dous obradoiros é de 45 €. Para apuntarse: restaurantedonchiringo(arroba)gmail.com ou teléfono 986 228 705

Comparte...