Doar sangue e degustar melindres

Doar sangue e degustar melindres

O Centro de Transfusión de Galicia (CTG)  en colaboración co Concello de Melide promoveron unha campaña de doazón de sangue en Melide, Lugo e Santigo, coa peculiaridade de que todos os cidadáns que acudiron a doar recibiron como regalo un paquete de melindres.

Co obsequio destes tradicionais doces o Concello de Melide promociona a difusión da XXV edición da Festa do Melindre e da Repostería Terra de Melide que terá lugar no municipio coruñés os próximos 7 e 8 de maio.

Comparte...