A DOP Mexillón de Galicia xa ampara ao 63% das bateas galegas

A DOP Mexillón de Galicia xa ampara ao 63% das bateas galegas

2.109 bateas galegas pertencen xa á DOP Mexillón de Galicia, un 63% do total das que existen na comunidade, segundo os datos que comunicou o ente, que informa que 1.705 delas incorporáronse no marco da regularización. Rexistráronse tamén 5 novos comercializadores e 9 empresas de transformación.

A denominación de orixe anuncia que desde esta nova posición no sector “o Consello Regulador vai redobrar os seus esforzos para facer cumprir a normativa de etiquetaxe, poñendo en marcha as medidas necesarias en todos os casos que traten de aproveitarse dos beneficios que reporta a mención xeográfica que, por lei, só poden utilizar os mexillóns amparados pola marca Mexillón de Galicia.”

A DOP Mexillón de Galicia prevé uns bos rexistros de actividade para final de 2016.

Comparte...