Un xuíz refrenda o papel da DOP como garante da orixe e calidade do Mexillón de Galicia

Un xuíz refrenda o papel da DOP como garante da orixe e calidade do Mexillón de Galicia

Unha sentenza dálle a razón á DOP Mexillón de Galicia, quen demandou o ano pasado á empresa Javimar alegando competencia desleal

A infracción cometida tiña que ver co uso nos envases de mexillón da citada conserveira de mencións relativas á orixe do bivalvo. Así, aparecían mencións como “das Rías Galegas”, “elaborado en Galicia” ou “envasado en Galicia”, cando ese produto non contaba coa certificación da DOP Mexillón de Galicia, a única que legalmente pode facer uso desas mencións.

O 15 de xullo de 2015, o Xulgado do Mercantil emitiu o seu fallo dando a razón á DOP e instando á demandada a retirar do mercado todos os envases, material publicitario ou calquera outro documento no que constasen as frases antes referidas. Ademais, impúxolle 15.000 euros de sanción por danos e prexuízos. Javimar presentou o correspondente recurso sobre o que agora se pronunciou a Audiencia de Pontevedra. O resultado foi de novo favorable ás teses defendidas pola DOP na demanda inicial. Por tanto, rexeita o recurso da conserveira e ratifica integramente a sentenza do Xulgado do Mercantil.

A Unión de Consumidores de Galicia mostrou a súa “satisfacción” co fallo ditado. Ademais, crea xurisprudencia e constitúe unha “sólida lombeirada da posición da nosa marca como única garante da orixe e a calidade do Mexillón de Galicia”, sinala.

Comparte...