DOCES POR UNA BUENA CAUSA

DOCES POR UNA BUENA CAUSA

Este sábado 12 de xaneiro, durante todo o día, celébrase unha cita solidaria no Centro Comercial As Cancelas santiagués a favor de Abraham Presa, un neno ferrolano de 7 anos que sofre adrenoleucodistrofia.

Poranse á venda a 2 euros doces doados por todo aquel que queira colaborar e a recadación íntegra será para a familia de Abraham, para axudar no seu tratamento

Pódense deixar doces na segunda planta do Centro Comercial dende as 9 da mañá ou porse en contacto con distintos colaboradores que os recollerá en distintas zonas de Galicia como Ferrolterra ou O Salnés.

A través do seu activo grupo de facebook pódese conseguir máis información. Participan na organización Yocolaboroxunasonrisa e  máis Las Reinas de las Tartas Fondant.

Comparte...