Lugo, presente en todas as etapas da Volta Ciclista

Lugo, presente en todas as etapas da Volta Ciclista

A Apehl fará promoción da provincia de Lugo como destino turístico e gastronómica na Volta Ciclista, que comezou en Ourense o pasado 20 de agosto

O posto de …E para comer, Lugo, da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), estará presente na zona VIP de todas as saídas de etapa da 71ª edición desta competición deportiva. Nel ofreceranse a diario degustacións de produtos autóctonos de distintas indicacións xeográficas e denominaións de orixe protexidas: DO Ribeira Sacra, IGP Ternera Gallega, DOP Queixo Arzúa-Ulloa, DOP Queixo do Cebreiro, IGP Pataca de Galicia, etc.

Ademais, nas etapas de Viveiro (24 de agosto) e de Monforte de Lemos (25 de agosto) participarán varios establecementos hostaleiros da provincia que ofrecerán, de xeito gratuíto, distintas propostas gastronómicas en forma de petiscos e pizzas elaboradas con produtos locais.

Comparte...