E para comer Lugo, na Vuelta Ciclista a España

E para comer Lugo, na Vuelta Ciclista a España

A gastronomía e a hostalería lucense volven promocionarse na Vuelta Ciclista España, na súa edición 2017

A Asociación de hostalería de Lugo APEHL traballa na promoción da súa oferta turística e gastronómica na Vuelta Ciclista a España 2o17.

Degustación de produtos gastronómicos de Lugo ofrécense nas distintas saídas das etapas, ao mesmo tempo que se distribúen guías de … E para comer, Lugo.

Entre os interesados que visitan os postos lucenses están veciños, ciclistas, patrocinadores e afeccionados.

En concreto, ata o 10 de setembro, o posto de … E para comer, Lugo estará instalado na zona VIP de todas as saídas de etapa e nel ofreceranse degustacións de produtos autóctonos facilitados polos consellos reguladores da DO Ribeira Sacra, IXP Ternera Gallega, DOP Queixo Arzúa-Ulloa, DOP Queixo do Cebreiro, IXP Pataca de Galicia, IXP Castaña de Galicia, IXP Grelos de Galicia, IXP Pemento de Mougán, IXP Mel de Galicia, IXP Fabas de Lourenzá e Agricultura Ecolóxica de Galicia, así como por Avimós, Asovega, Armadores de Burela, Galletas Daveiga e Afapán.

Comparte...