… E para comer Lugo promociona a súa gastronomía e produtos na Vuelta a España

… E para comer Lugo promociona a súa gastronomía e produtos na Vuelta a España

A Vuelta Ciclista a España encara a súa recta final. Dende as súas primeiras etapas en Galicia, en cada saída o posto de …E para comer, Lugo recibe a visita de numerosos visitantes, como Miguel Indurain, nunha acción destinada a promover a gastronomía e os produtos da provincia lucense.

Os produtos degustados e colaboradores son viños da Ribeira Sacra, Tenreira Galega, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa, Pataca de Galicia, Castañas de Galicia, Grelo de Galicia, queixe¡ría Marqués de Cernadas, Armadores de Burela, galletas mariñeiras Daveiga e as asociacións de criadores de Galo Mos, Ovella Galega e Porco Celta.

Comparte...