EIDOSELA LANZA “BURBULLAS DO ATLÁNTICO”, UN ESCUMOSO DE UVA ALBARIÑA

EIDOSELA LANZA “BURBULLAS DO ATLÁNTICO”, UN ESCUMOSO DE UVA ALBARIÑA

A adega Eidosela de Arbo espera comercializar 5.000 litros de “Eidosela, Burbullas do Atlántico”, un espumoso elaborado elaborado con uva 100% albariña baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas.

De cumprirse as expectativas, trataríase dunhas 6.000 botellas que se encontrarán en tendas delicatesen e restaurantes.

Segundo o novo regulamento de Rías Baixas, os escumosos poden contar con esta etiquetaxe sempre que o procedemento siga o método tradicional, cun mínimo de nove meses.

A pasada semana tivo lugar o acto de celebración do degole, coa presenza da conselleira Rosa Quintana; Lázaro Gándara, presidente da adega; o adegueiro Hugo Rodrigues; ou o enólogo Jorge Hervella.

Eidosela, situada na subzona Condado do Tea, é unha cooperativa formada por 60 socios que naceu en 2007.

Comparte...