Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia inicia unhas xornadas sobre os destilados galegos

Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia inicia unhas xornadas sobre os destilados galegos

O Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia inicia unhas xornadas formativas sobre o potencial dos destilados galegos con selo de calidade 

A primeira sesión desenvolveuse esta tarde do luns 5 de febreiro, no Centro Superior de Hostelería de Galicia en Santiago de Compostela.

As próximas actividades desenvolveranse o martes 6  en Ourense e o mércores 7 Coruña.

Ditas actividades están organizadas por Turismo de Galicia en colaboración co Clúster de Turismo de Galicia, as delegacións da Xunta de Galicia en Coruña e Ourense, así como as Consellerías de Medio Rural e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Baixo o título Neste Entroido… que non chos disfracen, se ofrecerán sesións de coctelería e showcookings co fin de dar a coñecer e promocionar entre o sector turístico e os destilados galegos co selo de calidade.

Esta primeira sesión estivo dirixida ao alumnado do CSHG e dividiuse en duas partes:

Unha explicación sobre as características dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia e a Masterclass “Aplicación das técnicas de cocina en coctelería”.

A segunda parte, foi unha demostración práctica do potencial na coctelería dos destilados galegos con selo de calidade impartida por Hadrián Lueiro, que preparou os cócteles: un de augardente de oruxo con base de mencía e outro de augardente de oruxo envellecido.

Actividades en Ourense e A Coruña

As xornadas continúan no martes 6 de febrero, no IES Vilamarín (Ourense). A primeira, de 12.00 a 12.45 horas, consistirá nunha cata comentada de produtos. A segunda, de 12.45 a 13.30 horas, mostrará o potencial dos Augardentes e Licores Tradicionais na cociña e a coctelería.

O mércores 7 se desenvolverán outras dous sesións no CIFP Paseo das Pontes (A Coruña). Neste caso, ofreceranse de 17.00 a 17.45 horas un showcooking e coctelería en directo. A xornada finalizará cunha cata comentada de produtos amparados.

Estas dous xornadas, abertas ao público, contarán coa participación da enóloga Sonia Otero; do barman do Casino La Toja, Ángel Camiña; do chef do Casino La Toja, Mark Wernink, e do cociñeiro do Hotel Eurostars Isla de la Toja, Fran Castro.

A reserva de praza deberase realizar a través do e-mail secretaria.turismo@xunta.gal ou nos teléfonos 981 546 351 ó 981 546 352.

Comparte...