O castelo de Monterrei acollerá oprimeiro Festival da Vendima

O castelo de Monterrei acollerá oprimeiro Festival da Vendima

O I Festival da Vendima de Monterrei, nunha xornada na que as adegas e a comarca de Monterrei reciben ao visitante cun completo programa de actividades, terá lugar o 19 de outubro, cunha xornada que reunirá gastronomía e viño, artesanía e cultura, nun escaparate do produto da comarca.

As adegas de Monterrei  abrirán as súas portas, realizando visitas guiadas polas súas instalacións, agora en plena actividade, e os asistentes poderán participar nunha vendima improvisada cuxo froito será trasladado nun carro de cabalos ao castelo de Monterrei, onde se escenificará a operación do pisado da uva.

No castelo los asistentes poderán gozar do viño e a gastronomía da zona, pero tamén haberá artesanía, talleres de temática vinícola, catas, xogos tradicionais e actividades para os máis novos.

Comparte...