O Clúster de Turismo de Galicia inaugura “De Viños coa Ruta”, da Ruta do Viño Rías Baixas

O Clúster de Turismo de Galicia inaugura “De Viños coa Ruta”, da Ruta do Viño Rías Baixas

A Ruta do Viño Rías Baixas propón en “De viños coa Ruta” unha serie de encontros para favorecer o intercambio profesional entre os seus asociados, reflexionando e achegando ideas para o desenvolvemento do sector.

A primeira xornada levou ata a adega Martín Códax  a Francisco González, presidente do Clúster do Turismo de Galicia con Juan Gil de Araújo, presidente da Ruta do Viño Rías Baixas, como anfitrión.

Segundo González: “Demos un paso adiante para crear algo de cero, novo e limpo de localismos, que aglutina ao 97% do sector; agora tócanos traballar para coñecer cal é o noso público e para definir o produto turístico axeitado a ese target”, o conferenciante tamén destacou a necesidade de potenciar a calidade e fuxir do prezo como elemento decisivo da oferta turística galega.

Comparte...