O Cocido en Ruta chega a Compostela

O Cocido en Ruta chega a Compostela

O Cocido en Ruta sigue percorrendo o Camiño de Inverno

Este mércores 31 chega o Cocido en Ruta  a Santiago de Compostela, concretamente á plaza do Obradoiro, pero antes de chegar á capital galega fixo a súa parada no Barco de Valdeorras.

Na localidade ourensá presentouse detalladamente a programación da Feira do Cocido, que celebra seu día grande o 4 de febreiro e degustáronse as tapas baseadas no Cocido elaboradas polo cociñeiro Alejandro Iglesias, do Restaurante Cabanas.

Difusión do Camiño de Inverno

O Bus do Cocido constitúe xa unha marca de identidade de Lalín e a súa Feira. Trátase dun autobús tipo inglés de dous pisos, con cocina incorporada e espazo para a realización de difusión turística, presentacións, actos e degustacións.

Gracias ao autobús, garantízase a actividade de difusión turística de Lalín en xeral e da Feira do Cocido e o Camiño de Inverno, en particular.

O autobús rotulado co lema “Lalín, un interior único”, conta con todo o material de promoción turística e cultural do Concello e cunha pantalla de televisión para a emisión dos diferentes videos promocionais do municipio.

A vindeira acción promocional do Bus do Cocido desenvolverase hoxe, 31 de xaneiro na praza compostelá do Obradoiro.

Cocido Solidario

O Cocido Solidario celebrarase o vindeiro domingo 4, substituíndo a anterior comida oficial. Con isto o Concello de Lalín pretende aproveitar a festa gastronómica para recaudar fondos con fins solidarios e destinalos a distintas asociacións sen ánimo de lucro do municipio.

Os fondos recaudados por esta iniciativa  destinaranse á entidade ASPADEZA. Unha entidade sen ánimo de lucro recoñecida polo seu gran labor a favor das personas con discapacidade psíquica. Está formada por máis de 50 pais e nais e ten como obxectivo principal mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual a través da súa integración social e laboral.

Este Cocido Solidario 2018 celebrarase no Pazo de Bendoiro e estará aberto ao público en xeral. A participación na comida realizarase previa adquisición da entrada por un prezo de 38 euros. Desta cantidade, 32 euros irán destinados ao pago do prato e 6 a modo de donativo solidario a favor de ASPADEZA.

Comparte...