O compostelán Miguel Pampín convértese no mellor tirador de cervexa de España

O compostelán Miguel Pampín convértese no mellor tirador de cervexa de España

Con tan só vinte anos, Miguel Pampín, do compostelán restaurante O Ferro, proclamouse en Madrid como o novo Mellor Tirador de Cervexa de España tras alzarse co primeiro posto do VI Campionato Estrella Galicia. “Non me esperaba gañar porque ademais este ano había moitísimo nivel. Estou moi feliz e agradecido a toda a xente que me apoiou”, comentou Miguel, quen reivindicou o servizo ao cliente como parte do proceso de tirar unha boa cervexa. “A técnica -dixo- é moi importante, pero tamén o é ofrecerlle ao cliente un sorriso”.

O segundo premio tamén se foi para Santiago. A carnotá Laura Martínez, que traballa na Bodeguilla de Santa Marta, mostrou a súa satisfacción por converterse en subcampioa.

Os outros tres finalistas que se disputaron campionato e foron premio accésit do xurado foron Aarón Rodríguez da Taberna A Pracería en Laxe (A Coruña), Benjamín Seoane do Pub Atlántico de Santiago e Luis Manuel Martínez, da Tapería de Rosa en Aravaca (Madrid).

Os cinco finalistas recibiron como premio o seu propio peso en cervexa de Estrella Galicia. Ademais, o gañador embolsouse mil euros e un trofeo, o subcampión recibiu 600 euros e entregáronse tamén tres accésit de 150 euros.

O campionato

Nesta final da sexta edición do Campionato Nacional de Tiraje de Cervexa organizado por Estrella Galicia participaron 15 hostaleiros, os mellor clasificados nas respectivas finais rexionais que tiveron lugar en Andalucía, Comunidade Valenciana, Galicia, Estremadura e Madrid.

O seu labor era demostrar aos expertos do xurado a súa destreza, eficacia e rapidez tirando canas, servindo cervexa de botella, co servizo de bandexa e tamén o seu coñecemento e cultura sobre o mundo cervexeiro nun tempo limitado en grupos de cinco.

xurado estivo composto por Xabier Cubillo, Técnico de Cultura de Cervexa de Fillos de Rivera, Davinia Martínez, vixente Campioa nacional deste certame, David Tena, gañador da versión internacional deste campionato, e Fernando Igrexas, como Responsable de Cultura de Cervexa de Fillos de Rivera.

Comparte...