O concurso Cocina con Castaña de Galicia xa ten receitas finalistas

O concurso Cocina con Castaña de Galicia xa ten receitas finalistas

O concurso de receitas Cociña con Castaña de Galicia, organizado dende a IXP Castaña de Galicia coa colaboración da Aula de Cociña Porto-Muiños, xa ten as catro receitas finalistas da súa terceira edición, dúas na categoría de doces e outras dúas na de salgadas.

Receitas doces:

  • Carlos Fariña Pouso: Bavarois de castaña e viño rancio, cremoso de chocolate negro e salsa de albaricoque
  • Miguel Iglesias Armada: Doce de outono

Receitas salgadas:

  • Palmira Orella-Michel: Tortas tripla castaña con ensalada, romeiro e mel
  • Vanesa Beira Avola: Raxo en tempura con fideos de castañas e galletas crocantes de allo

A final do concurso Cociña con Castaña de Galicia será o luns, 29 de abril, ás 20 horas na Aula de Cociña Porto-Muiños. Será o momento de escoller a mellor receita con castaña deste certame

Comparte...