O concurso “Cocinero del Año” comeza a súa andadura en Cádiz

O concurso “Cocinero del Año” comeza a súa andadura en Cádiz

A quinta edición do concurso Cocinero del Año comeza a súa andadura no próximo mes de febreiro en Cádiz, coa primeira semifinal, na que participarán cociñeiros de Andalucía, Estremadura, Ceuta e Melilla. A final, na que se enfrontarán os gañadores das cinco semifinais que se celebrarán por todo o territorio español, terá lugar no mes de marzo de 2014 no espazo BCN Vanguardia dentro do marco da feira Alimentaria, que ten lugar en Barcelona.

Os cociñeiros galegos terán que medirse cos de Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra e A Rioxa na última das semifinais, que terá lugar en xaneiro de 2014.

Nas catro primeiras edicións do concurso os representantes de Galicia sempre gañaron a súa semifinal e estiveron presentes na gran final barcelonesa. Na primeira edición o representante de Galicia na final foi Flavio Morganti (Galileo, Ourense) seguido nos anos posteriores por Beatriz Sotelo (A Estación, Cambre), Luis Veira (entón no Alborada e agora no Árbore da Veira, ambos na Coruña) e Marco Varela (Dona Branca, Sober, Lugo).

Nesta ocasión os cociñeiros galegos terán máis dificultades para pasar á final, xa que se suman á súa semifinal os chefs do País Vasco, Navarra e A Rioxa.

A segunda edición foi gañada pola galega Beatriz Sotelo, que polo momento é a única muller gañadora do concurso, no que so tres comunidades autónomas estiveron presentes en todas as finais: Galicia, Cataluña e Madrid.

Comparte...