O Consello das augardentes e licores tradicionais de Galicia continúa formando aos futuros profesionais

O Consello das augardentes e licores tradicionais de Galicia continúa formando aos futuros profesionais

O Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia prosegue coa súa evanxelización en prol dun mellor coñecemento destes destilados. Así, 20 os alumnos do Ciclo Superior de Dirección de Servizos do CIFP Paseo das Pontes da Coruña recibiron formación para coñeceren as características de servizo, consumo e cata das augardentes e licores galegos.

A secretaria do Consello Regulador, Carmen Otero, impartiu o seminario onde os alumnos formáronse no consumo responsable e de calidade destas augardentes e licores.

O seminario informativo tamén serviu para resolver dúbidas sobre as diferenzas que existen entre as augardentes e os licores, a temperatura de servizo axeitada ou o tipo de copa preferente, para o que Carmen Otero valeuse dunha cata práctica de catro produtos amparados polo Consello Regulador: augardente de bagazo de albariño, licor de herbas, augardente de herbas e máis licor café.

Comparte...