O Galician Cinema & Food Festival volve a NY na ‘Semana de Galicia’ en EEUU

O Galician Cinema & Food Festival volve a NY na ‘Semana de Galicia’ en EEUU

Galician Cinema & Food Festival (GC & FF) é oficialmente o maior evento de promoción de Galicia en Estados Unidos e pretende mostrar o talento galego no cine e as artes culinarias, nunha cidade, Nueva York, onde a comunidade galega alcanzou unha extraordinaria relevancia.

Este ano, GC & FF traerá á cidade a Iván Domínguez, Estrella Michelín e  un dos nove membros fundadores do grupo de elite “Grupo Nove”.  Domínguez foi un dos invitados estrela este 2016 no 11th Annual StarChefs International Chefs Congress en Brooklyn, onde compartiu cartel con Elena Arzak, e esta será a primeira vez que Domínguez se presente fronte a unha audiencia en New York City, preparando algúns dos mellores manxares da nova Cociña Atlántica.

O GC&FF comezará co documental “Cociñando na Fin do Mundo“, sobre como o “Grupo Nove” desenvolveu unha idea de gastronomía baseada na tradición, con profundo respecto polos ingredentes e a súa orixe, pero utilizando técnicas culinarias radicalmente novas. O documental será seguido por unha demostración de Iván Domínguez na que explorará os sabores da Cociña Atlántica con delicias coma o abalón, que se importará directamente de España exclusivamente para o GC & FF.

No segundo día, o GC & FF presentará o mellor da vitivinicultura galega: a tradicional e a ”heroica”, así chamada esta última debido ás duras condicións nas que se prantan as vides, en ladeiras  escarpadas, o que fai da súa recolección unha heroicidade. Os viños galegos gañan terreo en USA e foron recoñecidos polos críticos de todo o mundo durante a última década. Foron elixidos polo presidente Obama para brindar no súaúltima Gala da Hispanidade, por exemplo. O Festival celebrará unha cata de viños con algúns dos mellores caldos da rexión como Pazo das Bruxas, (uva Albariño) e Regina Viarum (uva Mencia).

Para pechar o evento gastronómico, o festival acolle unha degustación onde os invitados poderán gozar dos mellores viños de Galicia, cervexa,  e comida preparada por Ivan Domínguez.

Non foi Pau Gasol

O primeiro español en gañar un anel de campión en Estados Unidos non foi Pau Gasol, foi un galego, de Redondela, e fíxoo ao lado de Pelé, Beckenbauer, Carlos Alberto, Cruyff, Neskens… fíxoo no lexendario Cosmos de finais dos 70. O documental “Alén do Cosmos” conta a historia de Santiago Formoso, un galego que emigrou a Nova York a finais dos anos 60, que se convertiu en futbolista do lexendario New York Cosmos e que incluso chegou a xogar coa selección estadounidense de fútbol. Formoso vive agora en Nova Yersey e tras presentar o documental en España volve a Nova York …a onde realmente pertence a súa historia-. Con Santiago irá tamén o director da cinta, Pedro Pablo Alonso.

O GC&FF mostrará por primeira vez en NY as mellores curtametraxes galegas. Traerá  “Einstein-Rosen”, una multi premiada comedia de ciencia ficción dirixida por Olga Osorio, e a exquisita curto de animación “Decorado” de Alberto Vázquez, gañador do Premio Goya 2017. No afán por abrir o festival a todo o mundo -como marca o carácter emigrante- o madrileño Álvaro Congosto presentará “The Suitor” e Adán Aliaga, que vén de gañar o Brooklyn Film Festival con “The Fourth Kingdom” volverá estar aos mandos da Reunión de Cineastas.

O 30 de xuño, o GC & FF finalizará co documental “Esquence Monelos”, tamén multipremiada obra que entrelaza a desaparición dun río preto da Coruña co Alzeheimer. “Esquece Monelos” é o gañador do Mellor Documental, Cinematografía e Edición dos Premios Mestre Mateo 2017.

O Festival é posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia, o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e de patrocinadores privados como Estrella Galicia, Aceites Abril e Bateamar.

Comparte...