O novo Maruja Limón estrea espazo gastronómico e colaboración con Mahou

O novo Maruja Limón estrea espazo gastronómico e colaboración con Mahou

Co obxectivo de ofrecer unha experiencia culinaria diferente, máis distendida e en contacto directo co chef, o novo restaurante Maruja Limón de Vigo conta cun espazo gastronómico anexo no que se ofrecen aos seus convidados un menú pechado e creado in situ polos cociñeiros.

Os cociñeiros da Estrela Michelín da cidade, Rafael Centeo e Inés Abril, ademais de preparar os pratos diante dos invitados, serven e explican aos comensais as particularidades e maridaxes dos distintos sabores no que definen como “unha experiencia gastronómica máis próxima” nunha nova etapa do Maruja Limón na que a dicir de Centeo “queremos máis que nunca pór en auxe a gastronomía galega”. Para a posta en marcha deste espazo, no que tamén se desenvolverán showcookings e outras actividades, contan coa colaboración de Mahou, que asinou con Maruja Limón un acordo de colaboración de catro anos.

Comparte...