O restaurante Manso acolle unha cata da bodega Freixenet

O restaurante Manso acolle unha cata da bodega Freixenet

O restaurante Manso de Santiago de Compostela volverá ser escenario dunha nova cata maridada, esta vez, a cargo da adega do Grupo Freixenet. Para a ocasión, o chef Alberto Lareo preparará un menú especial a base de Ensalada de Tomate e Herbas Frescas, Tartar de Atún, Rolos de Gambón Fritos e Bocadillo de Rabo de Vaca. Como sobremesa, os asistentes poderán probar unha combinación de Coco, yuzu, chocolate branco e merengue.

O evento, que terá lugar este mércores 4 de outubro nos salóns do restaurante compostelán a partir das 21:30 horas, estará dirixido polo catador Luis Alberto. O especialista será o encargado de ofrecer aos asistentes os detalles técnicos e enológicos dos viños que se probarán durante a xornada.

Os viños que se poderán degustar na cita son os seguintes:

– Champagne

Henri Abele Brut Traditionel

– Cava

Segura Viudas Gran Reserva

– D.O. Rioja

Orube Crianza

– D.O. Ribera del Duero

Valdubon Roble

Valdubon Diez

– D.O. Rías Baixas

Vionta

Os interesados en asistir á cata, que ten un prezo de 25€ por persoa, aínda poden reservar praza no teléfono 881 959 657.

Comparte...