O rural achégase á cidade cos Parladoiros do Mercado da Colleita

O rural achégase á cidade cos Parladoiros do Mercado da Colleita

Despois do éxito alcanzado co Mercado da Colleita celebrado en Boimorto en setembro do ano pasado, os Parladoiros do Mercado da Colleita terán lugar este ano en Santiago de Compostela o día tres de setembro no Teatro Principal.

Os protagonistas da primeira edición dos Parladoiros serán:

Olei.  María Estévez.

Olei é un produto da compañía Invatia Research, unha iniciativa de base tecnolóxica dedicada á investigación, produción e comercialización de aceite de oliva virxe extra galego de alta calidade. Trátase dun aceite galego de oliva virxe extra procedente de oliveiras autóctonas galegos centenarios das comarcas de Quiroga, Valdeorras e Monterrey.

LUTEGA.  Belén Matilla.

A cooperativa LU.TE.GA está integrada por profesionais do mundo agrario e industrial que se agruparon para a reimplantación do cultivo do lúpulo en Galicia, a súa transformación e comercialización entre os principais produtores nacionais de cervexa.

Buxaina.  Ana Teijeiro.

Buxaina.com é unha tenda online de xogos de mesa tradicionais fabricados en madeira. Todos os xogos están realizados a man de forma artesanal e con deseños orixinais. Ao tratarse de pezas de artesanía realizadas a man, é posible encargar un xogo personalizado e adaptado ás necesidades de cada cliente.

Granxa Maruxa.  Marta Álvarez

Marta é a titular de Granxa Maruxa, un paraíso ecolóxico para calquera vaca. O traballo en Granxa Maruxa atopa o seu diferencial no trato personalizado cara a cada vaca, o agarimo pola terra, consentida ecoloxicamente, o ambiente físico e estético que prima nas súas instalacións e a esmerada limpeza.

Antía Vázquez.

Antia vive nunha pequena aldea de Ourense. Apaixonada defensora da vida no rural. Dará unha charla acerca da vida en áreas rurais, as actividades colectivas, a aprendizaxe interxeneracional e as experiencias e curiosas conexións sociais que se producen.

Arqueixal.  Luís Carreira.

Pasou dunha produción de queixo, iogur e leite fresco ecolóxico á concepción dunha experiencia holística que encarna o noso amor á terra. Para iso recuperouse un conxunto de casas rurais antigas para poder acoller hóspedes e dar a coñecer o modo de vida rural.

Abastos 2.0.  Iago Pazos e Marcos Cerqueiro

Espazo gastronómico do “local”. Situado no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela nútrese dos produtos frescos utilizando o propio mercado como a mellor das súas despensas.

Ecocelta.  Sergio Quiroga.

Sergio é fillo de emigrante retornado a Galicia. A través de Ecocelta atopou un nicho de mercado a través da especialización na elaboración de abonos ecolóxicos altamente personalizados.

As entradas para os Parladoiros poden adquirirse no Servizo de Venda de Entradas de NCG BANCO (Tel: 902 43 44 43 e a web entradas.novagaliciabanco.es) e en despacho de billetes do propio Teatro Principal. O prezo é de 15 euros e o total do recadado destinarase a proxectos de formación no ámbito rural.

Comparte...