O Tamarindo, a aposta polo produto

O Tamarindo, a aposta polo produto

Tamarindo de Ourense está de estrea, co seu novo chef  Rodrigo Cougil Vázquez eontre fogóns. O local acaba de recibir ademais o premio a “ Mellor Taberna Bar de Viños”, concedido pola Denominación de Orixe Ribeiro na 7ª edición dos seus Premios D.O. Ribeiro. Todo un empuxe para un local que ve con ilusión como, en palabras do seu propio chef, “a xente responde e está a gusto connosco”.

Rodrigo Cougil ten unha ampla traxectoria no universo culinario. Xa traballou nas cociñas de Manso, Kokotza ou Culler de  Pau, entre outros e agora enfróntase ao reto do  Tamarindo.  El mesmo afirma que se trata dunha “oportunidade” e que a súa aposta está na “cociña de produto” para poder ofrecer os frescos da praza nas mesas do restaurante.

O coidado do produto é para el una das súas máximas na cociña. E é que considera que é fundamental que “o produto principal sexa bo e fresco, que non estea moi maltratado” cedéndolle todo o protagonismo e evitando que se camufle con moitas cousas no prato.

Cougil recoñece ademais a súa predilección polos  grelos. Aínda que admite que de neno non lle gustaban, agora son un auténtico indispensable na súa cociña xa que, con eles “podes facer unha chea de pratos diferentes: cremas, caldos, aires ou escumas, usalo como guarnición, con follas  salteadas… Pódense facer moitas cousas cun feixe de  grelos”.

Cando lle preguntamos cales son os pratos estrela do Tamarindo non dubida en recomendar a pescada, o  atún ou a minestra de verduras. E de fronte ao verán afirma que, aínda que dispoñen da carta e o menú, durante o fin de semana tentan aumentar a oferta e levar ao  Tamarindo produtos do día, como pinto ou robaliza, entrecosto ou mesmo pasta fresca elaborada in situ. Unha aposta polos produtos frescos e a cociña de mercado.

Ademais o premio á “Mellor Taberna Bar de  Viños”, concedido pola Denominación de Orixe Ribeiro na 7ª edición dos seus Premios D.O. Ribeiro supuxo un incentivo engadido para o local.  Cougil afirma que é un recoñecemento “ motivador” para o  Tamarindo, que permitiu que a xente coñeza aínda máis a súa variada carta de viños, máis aló tamén da súa cafetería. A localización e os interiores son, segundo  Cougil, outra das claves do seu valor engadido. Unha aposta distinta para apostar pola gastronomía en Ourense.

Comparte...