O toque galego nos fogóns de Madrid Fusion

O toque galego nos fogóns de Madrid Fusion

Baixo a lema “a linguaxe da postvanguardia”, Madrid volveu acoller unha nova edición de Madrid Fusion, e van 14, con Tailandia como país invitado e cun importante despregamento de recoñecidos chefs nacionais e internacionais entre os que non faltou unha representación galega, que veu da man de Pepe Solla e Javier Oleiros, que tomaron parte no programa do festival, no apartado Saborea España.

Solla expuxo na súa intervención a súa visión da cociña enlatada no relatorio que levou por título “Alta cociña en lata: sabores viaxeiros” mentres que o chef do restaurante Culler de Pau compartiu fogóns con Santi Pérez, da Finca Los Cuervos, nun relatorio titulado “Raíces comestibles” na que se enxalzaron os produtos galegos.

A cociña galega tamén estivo representada no concurso de Cociñeiro Revelación, un recoñecemento que finalmente recaeu en Javier Estévez, da Tasquería de Javi Estévez, ex alumno do Centro Superior de Hostalaría de Galicia. Alberto Lareo, do restaurante compostelán Manso foi o terceiro clasificado.

Finalmente produtos de mar 100% galegos como a peneira ou orella de mar tamén tiveron o seu espazo no festival da cociña en Madrid, da man da empresa Galicia Marine Aquaculture, que celebrou un showcooking coa participación de autoridades e cociñeiros como Pepe Solla ou Ángel León.

Comparte...