O viño Regina Viarum Mencía, elixido mellor mencía de España

O viño Regina Viarum Mencía, elixido mellor mencía de España

O viño Regina Viarum Mencía, de Adegas Regina Viarum, foi elixido mellor mencía de España no International Wine Challenge de Londres que o sitúa ademais entre os 7 mellores tintos do país.

Entre todos os gañadores de Medalla de Ouro do certame londiniense ha elixido aos mellores resultando así gañadores dun ‘International Trophy’, distintivo como o que obtivo o viño elaborado ás beiras do Sil.

‘Un enorme recoñecemento para a adega debido aos máis de 12.000 viños presentados ao certame e ao rigoroso panel de cata que avaliou a cada un dos mesmos’.

Este feito xunto aos prestixiosos premios internacionais recibidos este ano, como Bacchus de prata e a Medalla de Prata no Decanter de Londres, coloca a este Mencía entre os viños máis distinguidos de Galicia, tanto a nivel nacional como internacional.

Comparte...