Unha empanada de Chousa polo Día de Galicia

Unha empanada de Chousa polo Día de Galicia

A panadería Chousa lanza unha campaña para celebrar o Día de Galicia. Quítalle a morriña a un galego consiste en enviar unha empanada aos galegos que viven fóra de Galicia

Na plataforma web quitalleamorriñaaungalego.com recóllense as solicitudes de todos aqueles que desexen sorprender a un amigo ou familiar que tiveron que marcharse a traballar ou estudar lonxe de Galicia. A sorpresa consiste no envío dunha empanada galega a 50 seleccionados de entre todas as solicitudes recibidas.

A selección farase tendo en conta as razóns máis divertidas, conmovedoras ou orixinais. Ademais, coa empanada poderán enviar unha nota cunha mensaxe persoal e dúas fotografías, todo nunha caixa moi especial.

Os gastos de envío e do produto corren completamente a conta de Chousa, unha acción totalmente gratuíta para os participantes.

Comparte...