No Xantar tamén se bebe

No Xantar tamén se bebe

A D.O. Monterrei e O Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia presentes en Xantar, Feira Internacional de Turismo Gastronómico

Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia regresou un ano máis ao Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar.

Durante o transcurso desta feria, o Consello Regulador ofrecerá catas con coctelería en directo e armonizacións con produtos con selo de calidade galegos.

Estas comezaron o xoves 1 de febreiro. O barman Ángel Camiña e a vocal do Consello Regulador e enóloga Sonia Otero dirixiron unha sesión na que amosaron a versatilidade das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia na coctelería. Para isto, Camiña creou 3 propostas.

A primeira de elas foi o Punch de Oruxo, que combina o Oruxo de Galicia, con zume de limón, licor de uva albariño, sirope de lima branca especiado e sirope simple. A continuación, degustouse o Herbas de sobremesa, un cóctel con Augardente de Herbas de Galicia.

Esta sesión finalizou co cóctel Café e especies, que combina Licor Café de Galicia, Disaronno, nata, sirope de cinco especies e bitter de chocolate. 

Pola tarde, Sonia Otero impartiu unha degustación comentada. Os participantes nesta sesión tiveron a oportunidade de degustar e comparar distintos tipos de Oruxos, Augardentes e Licores Café de Galicia. 

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei tamén promove o turismo en Xantar

Tamén o C.R.D.O. Monterrei, en colaboración con Expourense, promoveu na tarde do mércores 31 de xaneiro un workshop de turismo destinado a representantes de axencias nacionais e internacionais.

Durante a actividade, os integrantes das axencias Vivencial, Actiselect, Go! Travel, Funtasticlab, Euro Patogonia e Wellcome Douro, percorreron diferentes zonas do territorio da denominación de orixe Monterrei con obxecto de coñecer a importancia da viticultura no mismo.

A primeira parada efectuouse na Adega Barroca de Oímbra, onde puideron coñecer unha antiga edificación restaurada que estaba destinada á elaboración e conservación do viñedo.

Seguidamente, visitaron o lagar rupestre ‘Xan Preto’ no que recibiron información sobre a historia da vitivinicultura en Monterrei, as variedades de uva ou o proceso de elaboración do viño, entre outras cuestións.

A continuación dirixíronse á bodega Gargalo, onde puideron coñecer a bodega así como degustar seus viños.

O workshop continuou no Castelo de Monterrei, onde visitaron  igrexa de Santa María de Gracia, Palacio dos Condes, Torre das Damas e o Hospital da Trinidade. 

Para concluir a xornada, desplazáronse ata Verín co fin de visitar a exposición ‘Dionisos: 2.000 anos do viño en Monterrei’ no Claustro dos Mercedarios.

A presidenta da D.O Monterrei, Lara Da Silva, destacou que “estamos moi agradecidos a Expourense por promover esta iniciativa dentro do marco de Xantar, feira na que tamén participamos”.

Comparte...