Enoturismo 19 premia a Bodegas Martín Códax

Enofusión 19 premia ás Adegas Martín Códax e recoñece a calidade dos seus viños

Enofusión, o Congreso Internacional do Viño, concede o premio á Traxectoria e á Innovación Don Luís Hidalgo ás Adegas Martín Códax. Esta novena edición de Enofusión, celebrada en Madridfusión, recoñece ao director xeral da adega, Juan Vázquez, no seu empeño por lograr que a cooperativa galega sexa un referente en calidade, así como tamén o seu investimento en I+D+i e o seu constante soporte a iniciativas culturais.

O martes 29 de xaneiro ten lugar a entrega de premios Enofusión no Palacio Municipal de Congresos de Madrid. O certame premiará, como cada ano, ás persoas e organizacións que contribúen a mellorar o sector do viño. O premio D. Luís Hidalgo, chamado así en honra ao pai da viticultura española moderna, é unha aposta de Enofusión por e para o recoñecemento dos grandes impulsores do viño a nivel nacional.

A meta do congreso Enofusión 19 é visibilizar o coñecemento, a innovación e as tendencias recentes do mundo do viño outorgando ao produto un maior protagonismo no terreo gastronómico. As catas, as degustacións e conferencias do 28 ao 30 de nero enfocaranse no coñecemento de novas tendencias, viños e o papel que estes ocupan nos bares.

Juan Vázquez xa foi galardoado con anterioridade no International Wine Challenge Merchant Awards, que celebrou en 2017. Alí, obtivo o premio Personalidade do Ano 2017. O xurado destacou a súa aposta polo viño de calidade no noroeste da península e a importancia das Adegas Martín Códax como Modelo de corporativismo.

Comparte...