Cata de Mar de Frades crianza, espumoso e doce en Enofusión

Cata de Mar de Frades crianza, espumoso e doce en Enofusión

Unha cata no marco de Enofusión, que terá lugar en Madrid do 21 ao 23 de xaneiro permitirá mostrar as posibilidades da uva albariño para a elaboración de viños de crianza, espumosos e doces.

A cata será dirixida por Rodolfo Bastida, director técnico e director xeral da adega Mar de Frades co obxectivo de sementar a inquietude e expor novos retos para a uva albariño. En opinión da adega non se trata tan só dunha uva capaz de facer moi bos viños novos senón que ten un gran potencial para o envellecemento, un longo percorrido como viño espumoso e moito que dicir no mundo dos viños doces.

Na cata, que terá lugar o 23 de xaneiro no Centro do Viño de Enofusión poderanse degustar os seguintes viños:

Mar de Frades Brut Nature. Un dos primeiros albariños espumosos dentro da D.O. Rías Baixas. Elaborado baixo o Método champenoise e cunha crianza de nove meses con lías.

Mar de Frades 2012. Viño da última anada a piques de saír ao mercado.

Finca Valiñas 2010. O mellor da finca que rodea a adega con cepas de máis de vinte e cinco anos, críase en barricas de carballo francés.

Mar de Frades Lías. Viño de colleitas anteriores criados sobre lías renovadas cada ano.

Mar de Frades Doce. Elaborado co método de viño de xeo, a esencia da uva albariño con alta concentración de azucres transfórmase en puro néctar.

Comparte...